-E lo, ¿cres que tirando
anaquiños de pan duro, atoparei o camiño de volta a casa?.
-Abofe que sí. O avó Xoan sempre
o dicía.
-¿E se os levan os paxaros, ou os
comen os esquíos, ou amolecen coa chuvia, ou se agachan tra-los madeiros das
noceiras?.
-Entón busca outros lugares. Haiche centos de camiños, meu neno bonito, outros recunchos, meu ben.
Mira para o caramuxo, sempre na
procura doutras cunchas onde abandoarse
. Atoparás a túa, eiquí ou acolá, prométocho, confía en min. Cerca e
lonxe das ondas do mar, preto do calor dunha lareira, ó carón dunha lámpada co
resplandor do ámbar. Pero o que definitivamente fará del o teu fogar, serán as
historias que leas nel e os cadros que poñas nas paredes, os almorzos polas
mañás, as merendas no serán, os romances da nocturnidade, os choros e os
sorrisos, o delicioso arume do teu devenir cotián.
Aiii, pero que fermosa a nosa lingua...
ResponderEliminarBicazo artistasa miña ;)
Noee, qué sorpresa!!. Pero qué riquiña :). Un bicaso de volta
Eliminar